EDAR Soutelo de Montes

Depuradora Soutelo de Montes

A construción da nova depuradora de Soutelo de Montes foi adxudicada á empresa Narom S.L e debe empezar a finais de marzo. A previsión é de que estea finalizada no prazo de catro meses e o custo aproximado será de 234.000 euros.

A concesión por parte da Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas está destinada a ampliar a rede de saneamento que non cobre a actual depuradora, abastecendo cincocentos novos habitantes das parroquias de Fornelos de Montes e Vilapouca.

A estrutura contará con tres colectores que abranguerán douscentos metros de lonxitude. A nova depuradora funcionará cun sistema biolóxico e poderá tratar 125 metros cúbicos de auga ao día. Ademais, a obra solucionará o problema de verteduras que a planta de depuración existente viña ocasionando na canle natural do rego Mesón.

Fonte: La Voz de Galicia