empresa01

Historia

A empresa é constituída en 1991, ano no que inicia as súas actividades na construción completa de obra civil e pública, obxecto social principal da sociedade.

Inicialmente o noso campo de actuación centrábase na provincia de Pontevedra, realizando obras de estradas, urbanizacións, pavimentacións con mestura bituminosa, depuradoras, movementos de terras, canalizacións (saneamento e abastecemento) e muros de contención, tanto no ámbito público como privado.

Co paso do tempo estendemos as nosas áreas de actuación por toda a Comunidade Galega, conseguindo importantes contratos, produto da boa xestión baseada principalmente, na experiencia, compromiso e confianza que garante un bo resultado das nosas actuacións.

Evolución

Na actualidade a sociedade encóntrase inscrita como empresa contratista de obras, no Rexistro Oficial de Empresas Clasificadas co número 46624 R. Achándose tamén inscrita no Rexistro Xeral de Contratista e Contratación co número 2260.

NAROM S.L. na súa crecente evolución foise adaptando ás necesidades dos seus clientes, no referente a temas de calidade, formación, tecnoloxía e competitividade, factores ao que pon especial atención como claves do seu éxito e permanencia.

Calidade + Medio Ambiente

NAROM SL no ano 2001 implantou un Sistema de Xestión de Calidade para todo o seu proceso produtivo, obtendo a Certificación de 9001:2000.

Posteriormente no 2009 propúxose a implantación dun sistema de Xestión Ambiental, obtendo a certificación ISO 14001:2004 en decembro do 2009. [ Documento Política de Calidade ]

Política de Cadena de Custodia [ PEFC ]

Narom S.L., empresa dedicada a la compra, explotación, venta y distribución de madera al por mayor, ha decidido implantar un Sistema de Gestión de Cadena de Custodia basado en el estándar PEFC, evidenciando nuestro compromiso con la sostenibilidad de nuestro planeta. [ Documento PEFC ]

Principais Clientes

COMUNIDADE AUTONOMA:

Xunta de Galicia

DEPUTACIóNS:

Deputación Provincial de Pontevedra.

CONCELLOS:

Concello de Mos
Concello de Redondela
Concello de Tomiño
Concello de Bueu
Concello de A Cañiza
Concello de Salvaterra de Miño
Concello de Porriño
Concello de Mondariz
Concello de Covelo
Concello de Pobra do Brollon
Concello de Castrelo de Miño

Memorandum

Memorandum