armenteira rehabilitacion patrimonio

Rehabilitación de Patrimonio

A rehabilitación do patrimonio histórico ou de bens de interese cultural (BIC), debémola considerar como unha acción complexa e integrada por múltiples factores e que fai necesaria unha análise previa, coñecementos históricos e uns métodos construtivos, totalmente diferentes aos dunha rehabilitación convencional.

Narom posúe unha ampla experiencia en rehabilitación de edificos antigos, ámbitos históricos e protexidos, con profesionais capacitados para acometer as obras requiridas neste tipo de rehabilitacións, que ademais do coñecemento sobre os materiais e técnicas a empregar, achegan o seu compromiso co respecto ao ámbito onde se executan.

Galería